Crear examenes y test online
Crear un Test o Exámen
Tests Clasificados
Compartir
Tweet
Informática
EXCEL 2010
EXAMEN EN GALLEGO SOBRE EXCEL 2010
Crear test online
Tests por temas
Cal é a visualización de páxina coa que se soe traballar por defecto en Excel?
. Visualización previa
. Normal
. Pantalla completa
. Deseño de páxina
É posible ver ou simular como quedaría unha folla de Excel impresa antes de ser enviada á impresora?
. Si, co comando de impresión previa, accesible a través da secuencia Ficheiro > Configuración da impresora
. Si, a través da opción, Aquivo > Impresión virtual
. Si, a través de Ficheiro > Imprimir accedemos a unha vista previa á impresión
. Non, teremos que imprimir para observar o resultado
Podemos reducir a unha soa páxina a impresión dunha folla?
. Sí, disminuíndo a anchura das columnas para que collan na páxina
. Sí, sempre que as columnas ou as filas a imprimir non excedan de 90
. No, excell axustará automáticamente ao número de páxinas necesarias
. Si utilizando a escala para axustar a folla a unha páxina
En onde poderemos atopar a opción que nos permite elixir entre a impresión uo non das liñas de división das celas dunha folla de Excel?
. Vista > Vista do libro > Vistas personalizada > Imprimir liñas
. As liñas de división de celas non se poden imprimir salvo que utilizemos bordos
. Vista > Mostrar > Liñas de cuadrícula
. Deseño de páxina > Opcións da folla > Liñas de cuadrícula > Imprimir
Como poderemos eliminar unha quebra de páxina existente entre as filas 3 e 4 dunha folla?
. Seguindo a secuencia Deseño de páxina > Configurar páxina > Borrar área de impresion
. Situándonos nunha cela da fila 3 e logo utilizando "Deseño de páxina > Configuración de páxina > Quebras > Eliminar quebra de páxina"
. Unha quebra de páxina non se pode eliminar unha vez creada
. Situándonos nunha cela da fila 4 e logo utilizando"Deseño de páxina > Configuración de páxina > Quebras > Eliminar quebra de páxina"
Como identificamos visualmente unha quebra de páxina nunha folla de Excel ?
. Mediante unha liña continua
. Mediante unha liña discontinua
. Non hai forma de identificala visualmente
. Mediante un borde groso e en negriña
Qué secuencia seguiremos para acceder ao cadro de diálogo que nos permite facer que unha determinada fila se repita en todas as páxinas na impresión dunha folla?
. Deseño de páxina > Configurar páxina > Imprimir títulos
. Deseño de páxina > Opcións da folla > Encabezados > Imprimir
. Non se pode levar a cabo esta acción
. Deseño de páxina > Organizar > Panel de selección
Para saír do modo Pantalla completa, que tecla debemos premer?
. < Alt >
. < Esc >
. < 0 >
. < F11 >
A fita de opcións Deseño de páxina, permítenos ...
. cambiar a forma de ver a folla de Excel
. entre outras, establecer as marxes, orientación e tamaño do papel no que se imprimirá a folla de cálculo
. Non existe esta fita de opcións
. únicamente establecer as marxes, orientación e tamaño do papel no que se imprimirá a folla
Cando inserimos unha quebra de páxina nunha determinada fila, que estamos a facer?
. Estámoslle indicando ao Excel que as filas anteriores á quebra son máis importantes
. Unha quebra de páxina non ten efecto ningún sobre o comportamento de impresión dunha folla de Excel
. Estámoslle indicando ao Excel que as filas que seguen á quebra de fila se colocarán ou imprimirán na seguinte páxina
. Estámoslle indicando ao Excel que as filas que seguen á quebra non se impriman
En Excel poderemos ter distintas visualizacións dun mesmo libro aberto?
. Non
. Si, pero só dúas a un tempo
. Si, cantas queiramos grazas ao comando Nova ventá do grupo Ventá da ficha Ver
. cantas queiramos grazas ao comando Nova ventá do grupo Ventá da ficha Ver, aína que estea minimizada a primeira delas
Que secuencia debemos seguir para establecer as configuracións de corrección automática en Excel?
. Ficheiro > Opcións > Revisión, e premer sobre o botón "Opcións de corrección automática" para amosar o cadro de diálogo de Corrección automática
. Inicio > Opcións > Revisión, e premer sobre o botón "Opcións de corrección automática" para amosar o cadro de diálogo de Corrección automática
. Ver > Opcións > Revisión
. Premendo a combinación de teclas < Ctrl > + F11
O tipo de arquivo csv ...
. é un ficheiro que contén macros
. é unha base de datos de Access
. é un ficheiro de texto normal, pero que contén información estruturada de forma que unha liña é un rexistro e cada campo está separado do seguinte por un ;
. é un executable que só se pode abrir en sistemas operativos tipo Linux
Para editar un comentario inserido nunha folla de Excel ...
. os comentarios non se poden editar. Deberíamos eliminalo e crear un novo
. deberemos situar a cela activar no lugar en onde se inseriu o comentario e premer a combinación de teclas < Shift > + F2, ou ben seguir a secuencia Revisar > Comentarios > Editar comentario
. premer a combinación de teclas < Alt > + F2. Excel xa detecta automaticamente cal é o comentario que queremos editar
. deberemos situar a cela activar no lugar en onde se inseriu o comentario e unicamente dispoñemos da opción de premer a combinación de teclas < Shift > + F2
Para exportar unha folla de Excel a PDF ...
. debemos seguir a secuencia Inicio > Gardar e enviar > Crear documento PDF/XPS e pulsar sobre o botón Crear PDF/XPS
. debemos seguir a secuencia Ficheiro > Gardar e enviar > Modificar tipo de ficheiro e pulsar sobre o botón Crear PDF/XPS
. debemos ter previamente instalada unha impresora de PDF, senón sería imposible
. debemos seguir a secuencia Ficheiro > Gardar e enviar > Crear documento PDF/XPS e pulsar sobre o botón Crear PDF/XPS
Cales son os pasos a dar para obter datos dunha base de datos de Access?
. Seguir a secuencia Ficheiro > Obter datos externos > De Access, elixir o arquivo de base de datos no disco duro e logo seleccionar a táboa que queremos importar.
. Seguir a secuencia Datos > Obter datos externos > De Access, elixir o arquivo de base de datos no disco duro e logo seleccionar a táboa que queremos importar.
. Seguir a secuencia Datos > Obter datos externos > Do texto e elixir un ficheiro con formato csv
. Non é posible importar datos dende outras aplicacións.
En Excel estamos a introducir o texto "aqí" nunha cela, confirmamos a entrada con Intro, pero descubrimos que o texto que finalmente queda escrito é "aquí". Que sucedeu?
. Excel ten a corrección automática activada e fixo unha substitución automática dunha palabra "supostamente" mal escrita
. Isto é imposible que suceda con Excel na súa versión 2010
. Excel ten un erro coa palabra "aqí". En próximas versións do aplicativo solucionarano
. Excel ten activada a compatibilidade con idiomas asiáticos, por iso fixo o cambio automáticamente
Que sucede se seguimos a secuencia Ver > Ventá > Conxelar paneis > Fixar fila superior?
. A primeira fila da folla estará sempre visible anque nos despracemos polos rexistros da folla en sentido vertical
. Verase unha disposición de colocación das ventás en forma de mosaico
. A primeira columna da folla estará sempre visible anque nos despracemos de modo horizontal pola folla coa barra de desprazamento
. Non existe esta secuencia en Excel
O PDF ...
. é o nome dunha folla de cálculo que trae por defecto Excel
. son as siglas de Primeiro Documento Fiable
. é un formato de arquivo moi empregado hoxe en día para crear documentos a partires de multitude de aplicacións (procesadores de textos, follas de cálculo, debuxos, ...), que presenta moitas vantaxes á hora de compartir información
. é un formato de arquivo que apenas se emprega xa que cando se xera ocupa moito espazo en disco
Para efectuar unha verificación ortográfica en Excel, que secuencia deberemos de seguir?
. Revisar > Verificación > Ortografía
. Excel só permite facer revisión automática mentres se escribe
. Revisar > Verificación > Investigar
. Datos > Revisar > Ortografía
Crea tu propio test gratis
Profesión
Provincia
País
España
México
Perú
Venezuela
Argentina
Chile
Colombia
Ecuador
Honduras
Nicaragua
El Salvador
Panama
Costa Rica
Guatemala
Bolivia
República Dominicana
Uruguay
Paraguay
Puerto Rico
Creartest.com no se hace responsable del contenido publicados por los usuarios